Control de pragas
Solucións rápidas
E seguras
Nalgún momento das nosas vidas oímos ou oiremos falar sobre o control de pragas. A veciña que tiña a cociña infestada de formigas, o restaurante da esquina e o seu exército de cascudas, os insectos que esnaquizaron a colleita do ano pasado… Todos e cada un destes problemas son liquidados grazas ao control de pragas, que se encarga de facer fronte aos organismos que prexudican e afectan á saúde ou ao ecosistema, entre outros.
Especialista, seguridade, eficacia, Serga
Especialización en servizos a empresas, colexios e outras colectividades mediante procedementos que minimizan o uso de biocidas.
Control de aves
A proliferación de pombas e estorniños provoca danos e molestias no patrimonio de particulares, empresas e institucións; achegamos distintos medios de exclusión para evitar o anidamento e pousado das aves en fachadas e tellados.
Tratamento de curación e protección da madeira
A durabilidade da madeira non impide por si soa a deterioración causada por axentes biolóxicos (caruncho, polilla…), en SERGA encargámonos de avaliar e controlar aquelas zonas afectadas e mesmo tratamos pezas delicadas, como tallas ou retablos, baixo supervisión de restauradores especializados.
Prevención e control de LEGIONELLA
Elaboramos plans personalizados para o mantemento específico nas instalacións de risco contempladas en dita normativa, aquelas que utilizan auga no seu funcionamento e emiten aerosois: Torres de refrixeración e condensadores evaporativos. Sistemas ACS (auga quente sanitaria) con acumulador e circuíto de retorno. Sistemas de auga climatizada con circulación constante e recirculación a través de chorros. Centrais humidificadoras e sistemas contra incendios.
Sistema DDD
Desratización – Desinsectación – Desinfección.
Serga elabora programas para a inspección e o seguimento específicos no control de pragas en toda Galicia